miércoles, agosto 27, 2008

Este mes de agosto fixemos un par de saidas pelaxicas no Arneiron de Toupa, o certo é que foron as peores dende que facemos saidas en barco, o día 8 saimos 15 millas o oeste das Cies e só apareceron un par de palleiras parasitas Stercorarius parasitius e un gaivina negra Chlidonias niger, un día desastroso.
Hoxe voltamos a intentalo, a cousa prometía, a cinco millas de Cies primeiras Sabinis Larus sabini e unha palleira rabilonga Stercorarius longicaudus adulto. Na parada as 15 millas, unha ducia de palleiras parasitas, 3 palleiras grandes Catharacta skua, 2 gaivinas negras Chlidonias niger, 40-50 Sabinis Larus sabini todas adultas, unha pardela escura Puffinus griseus e pouco mais, nin rastro de paiños e nin que decir que os Pterodroma nin cheiralos.

No hay comentarios.: