domingo, abril 20, 2008

Onte voltei polo poligono de Nigrán por se tiña sorte co abellaruco...vai ser que non. Vin os primeiros cirrios e as primeiras rolas do ano.
Hoxe en Arealoura a gaivota de delaware de 1º verán que continua. A parella de pillaras pequenas Charadrius dibius no mesmo territorio con actitude de defensa do mesmo, esta parella está tentando criar, a ver que tal lle vai. No mesmo poligono duas parellas de anduriñas dauricas Hirundo daurica, unha anduriña das barreiras Riparia riparia e até 5 rolas Streptopelia turtur.

Primeirass rolas que estarán alucinadas o ver en que se convertiu o seu bosque de ribeira

1 comentario:

Dzahib dijo...

ola cesar mais propriamente tenho visto os abellarucos em feces de abaixo fi onde eu onte consegui por 1ª vez fotofrafalos.devem ter ninho ali perto da fronteira onde estamos a construir a ponte internacional q ligara chaves a verin.