sábado, abril 19, 2008

Aves novas para o Val

O primeiro e agradecer a Begoña o envío dunha observación moi interesante de onte en Nigrán, nada menos que un abellaruco Merops apiaster, especie nunca antes citada no Val e que coincide cunha pequena entrada de aves en Galicia estes días, concretamente foron vistas aves en Verín (onde hai unha pequena colonia de cría) e tamén un ave en Valdoviño (Ricardo Hevia). Hoxe entre chuvasco e chuvasco acerqueime a zona do avistamento, o novo parque industrial de Nigrán, non puiden ver o abellaruco pero como xa sospeitaba durante todo este inverno, despois da tremenda desfeita do bosque de ribeira de Parada (que podedes ver nas fotos) para facer un puto parque industrial, a zona está "perfecta" para unha especie; A pillara pequena Charadrius dubius, non me costou moito tempo atopar a primeira parella (especie nova para o Val, duas en dous días¡¡¡¡¡) xa con territorio, é posible que críen varias parellas este ano no lugar se ben e algo pasaxeiro xa que a instalación de empresas nos vindeiros anos expulsará os novos inquilinos.

Pillara pequena agochada na erva

Un par de fotos parciais da desfeita, non poño unha xeral que é moi forte... e se poño unha de antes e pra chorar xa

No hay comentarios.: