lunes, diciembre 03, 2007

Hoxe responderon da lectura da anela vermella de gaivota cabecinegra da Hungria que tiña visto en arealoura vai un par de semanas, foi anelada como polo en xuño deste ano en Mekszikópuszta, Györ-Moson-Sopron, Hungary. A outra anela vermella, que lin o xoves pasado e que dixen que tamén era hungara non e tal, é de Polonia e segundo Cosme Damián que anda o día nestes asuntos no hai mais de 3-4 leituras de anelas polacas de cabecinegra na Galiza polo que se cabe ainda ten maior valor, cando resposten algo poñoo no blog.
No que respecta o Val o único destacable desta mañá foi unha parella de corvos Corvus corax que sobrevoaron a marisma da Ramallosa, e a primeira vez que os vexo na marisma e reforza a idea de que esta especie vai a mais no Val Miñor.