jueves, diciembre 06, 2007



Esta mañán, nun campo de Gondomar, nos arredores do pazo do Conde de Gondomar, unha preciosa garza boieira Bubulcus ibis, unha das escasas citas da especie no val miñor desta especie que é un invernante moi raro en Galiza e en escaso número sempre. No val a maior concentración foron 24 aves no inverno do 99-2000 se ven este ano foi unha invernada excepcional en Galiza con centos de aves por toda a costa que de momento non se repetiu. Ademais da observación de hoxe hai outra dos anos 80 e unha mais do principio dos 90 na marisma da Ramallosa.