lunes, octubre 01, 2007

Con certo retraso actualizo o blog, despois dunhas vacacións en Fuerteventura, vou aproveitar para por aquí unha pequena reportaxe das escasas saidas ornitoloxicas, xa que foron como e costume unhas vacacións netamente familiares con pequenas incursións en territorio hostil.
A illa non defrauda os que nos gusta o deserto, a paisaxe ten certo parecido a Galega, si, si ..motañas baixas, redondeadas e vales suaves e ondulados, en Fuerteventura o solo esta deserto con pedras e area, mentres na Galiza cuberto de Eucaliptos, un deserto verde pero deserto tamén o fin, ou non?

Chegamos o día 20 a mediodía, o tempo era moi bo 30 graos de día de 23 pola noite con ceos case despexados por completo. Así continuou os sete días. Estabamos aloxados en Corralejo, no norte da illa. Esta primeira tarde comprobamo-la auga das piscinas do complexo, no xardín una Anthus berthelotii, un grupo grande de Passer hispanolensis e varias Streptopelia decaoto.
O día 21 na costa rochosa de Corralejo, 11 Arenarias interpres, 2 Egretta garzetta, 9 Larus michahellis atlantis, 2 Larus fuscus, 2 Tringa totanus, 2 Calidris alpina e 6 Charadrius hiaticula.
Un paseo turistico en coche de norte a sur da illa o día 22 deu como resultado varios Apus unicolor en La Oliva e 2 Parus caeruleus degener na preciosa vila de Betancuria. En Vega de Rio Palmas parada para dar de comer os esquios, aquí ollamos 56 Corvus corax canariensis, 16 Anthus berthelotii, 1 Bucanetes githagineus, 6 Buteo buteo insularum voando xuntos, 2 Falco tinnunculus canariensis e 2 Neophron percnopterus, un adulto e un xoven do ano. En La Lajita encuentrase un enorme parque de animais, alguns en semilivertade e algunas especies de aves en livertade total e mesmo olladas fora do parque nos seus arredores como unha parella de Spreo hildebrandti ou un macho cantando de Sicalis flaveola (que vergoña) no interior do parque puiden ollar varios Ficedula hypoleuca, 1 Phylloscopus trochillus e 2 Falco tinnunculus dacotiae. Na volta a Corralejo paralelas a costa, durante toda a tardiña centos de Larus michahellis atlantis voaban dirección norte en grandes grupos.
O domingo 23 fixen a primeira saida ornitolóxica, amañecín en La Oliva e despois de buscar case que 2 horas nas Chairas espidas apareceron tres Chlamydotis undulata fuertaventurae especie nova para min, no percorrido a pe pola chaira ollei tamén Lanius meridionalis koenigi, Carduelis cannabina meadewaldoi, Anthus berthelotii, Sylvia conscipillata orbitalis, Columba livia, Calandrella rufescens polatzeki, Milvus migrans, Buteo buteo insularum, Corvus corax canariensis e Bucanetes githagineus. Ende aquí saimos pitando para o encoro de Los Molinos, a estructura ala estaba mais a auga brilaba pola sua ausencía, aquí puiden ollar varios Tadorna ferruginea, Neophron pernopterus, Lanius meridionalis koenigi, Carduelis cannabina meadewaldoi, Anthus berthelotii, Sylvia conscipillata orbitalis, Calandrella rufescens polatzeki, un grupo de mais de 50 aves e Saxicola dacotiae (tamén especie nova para min e endemismo da illa) unha parella. Ainda tiña algo de tempo e pasei por Vallebrón onde ollei varias parellas mais de Saxicola dacotiae e unha abundante poboación de esquios morunos Atlantoxerus getulus.
O luns 24 pasamos o día na costa da parte norocidental da illa, nas praias de El Cotillo, de camiño e xusto no cruceiro de Lajate ollei o único Cursorius cursor que vin na illa, na praia Arenarias interpres, Calidris alba, Numenius phaeopus e varias Egretta garzetta.
O día 25 fixen unha pequena e corta incursión a illa de Lobos no nordeste de Fuerteventura e a escasos 2 kilometros de Corralejo. O día era especialmente quente, falto de vento e cunha mar en calma total, só ollei 3 Calonectris diomedea, 2 Sterna sanvicensis, 4 Egretta garzetta e centos de Larus michahellis.
Por último o día 27 pola mañán fixen a derradeira saida da viaxe polas dunas de Corralejo, foi unha saida moi entretida e cunha boa lista de especies, destacan mais de 15 Burhinus oedicnemus insularum e 3 Pterocles orientalis, ademais vin; Lanius meridionalis koenigi, Carduelis cannabina meadewaldoi, Anthus berthelotii, Sylvia conscipillata orbitalis, Columba livia, Calandrella rufescens polatzeki, Buteo buteo insularum, Corvus corax canariensis e Bucanetes githagineus, Upupa epops, Muscicapa striata, Passer hispanolensis e Falco tinnunculus canariensis.
A viaxe foi moi entretida e a Illa e moi fermosa, dende aquí animo a xente a que disfrute duns días neste paraiso da tranquilidade.