martes, junio 19, 2007

Primeiro veraneante distingido



A parada habitual antes da comida, deu como resultado unha agradable sorpresa en forma de pernalonga Himantopus himantopus (foto) que é a segunda observación no Val Miñor e hai que remontarse a principios dos anos 90 para lembrar a primeira, dunha parella no mes de maio alá polo 1992. A marisma estaba animada cun grupiño de 13 mazaricos chiadores Numenius phaeopus, unha ducia de gaivotas choronas, Larus ridibundus, ainda non vin o primeiro xuvenil este ano (non tardará) e unha gaivota cabecinegra Larus melanocephalus de segundo verán, poderíase dicir que é a primeira que chega a "invernar". Animada a cousa, quen o diría...