domingo, junio 17, 2007

Cando remata a primavera.....

Cando remata a primavera chega unha pequena época (xuño, xullo e parte de agosto) de vacas fracas no que respecta as aves no Val Miñor. Outros anos adicaba parte dese tempo a ollar volvoretas, este ano tiña pensado adicarlle mais espazo no blog pero de momento o tempo non permite moitas "florituras", non é unha boa primavera para as volvoretas e para elas este tempo ten que ser unha auténtica maldición. Se cambia o tempo prometo fotos das especies que olle no Val, como adianto tres especies que vin estes días no xardín.

Unha das mariposas mais migradoras que temos; a Vanessa cardui

A Vanessa atalanta podese ver durante todo o ano se o tempo e soleado.

A omnipresente Pararge aegeria moi común nos camiños de terra.