Estes días tomei un inmerecido (pero disfrutado) descanso no sur de Portugal ainda que foi unha saida familiar sempre saca un unha mañanciña para mirar algún paxaro, como o chegar de volta o panorama no Val Miñor e desolador en canto a migración prenupcial, aproveito para por algunha nota de cor no blog cunhas fotos destes días no Algarve.
camón Porphyrio porphyrio alimentando a sua prole.
Pato rubio Netta rufina macho
Lavanco Podiceps cristatus unha das aves acuaticas mais fermosa
Unha das abondosas e festexeiras pegas azuis Cyanopica cyana moi comúns na zona
Contraluz dun cullereiro Platalea leucorodia o atardecer en Faro
As fermosas cores dos abellarucos Merops apiaster son "Africa" en estado puro