Por cuarto ano consecutivo unha parella de ferreiriños azuis Parus caeruleus están a criar na caixa niño do xardín, colocada nun vello peral. Xa remataron de arranxar o interior e estes días estan en plena efervescencia hormonal e supoño que xa ira case completa a posta. E todo un luxo poder ollar tan cerca estas últimas primaveras o ciclo completo da cria destes pequeniños que parece que xa nos coñecen, e toleran unha cercanía case peligrosa (polo gato). Este ano tentarei facer a foto "definitiva" que se me está a resistir destes pequenos, aquí deixo algunhas do pasado ano.
Unha das crías do ano pasado
Un dos adultos a piques de sair da caixa niño
No hay comentarios.:
Publicar un comentario