martes, abril 24, 2007

mais chegadas

Continúan chegando especies estivais o Val, destaco o día 20 a primeira lavandeira marela Motacilla flava na marisma da Ramallosa. O día 17 os primeiros cirrios comúns Apus apus en Gondomar.
Hoxe tres camachuelos Pyrrhula pyrrhula no xardín un macho e duas femias adultas, nun primeiro momento pensei en algún xuvenil xa, pero eran os tres adultos¡¡, ademais voltanse a ver pola zona os pardais orelleiros Passer montanus 4 ou 5 aves que xa facía tempo que non os miraba por aquí.
Pola mañá voltei a ver a gaivina de cara branca na marisma e pola tarde achegouse a mirala o colega José Gándara. Por último no regato de Arealoura aínda se podía ollar unha gaivota cabecinegra Larus melanocephalus de primeiro verán e o mais raro..unha gaivota cana Larus canus de primeiro verán tamén(fotos).

Gaivota cana de primeiro verán, algo tarde xa para andar por estas terras