martes, marzo 13, 2007

voltan as andoriñas dos penedos

Onte ollei unha parella de andoriñas dos penedos Ptyonoprogne rupestris na autoestrada Vigo-Baiona, xusto baixo a ponte onde criara hai 3 anos a primeira parella de andoriñas dáuricas Hirundo daurica do Val Miñor (O ano pasado atopei 5 parellas de dauricas seguras e poida que até 7 diferentes no Val).
O caso é que o ano pasado foi o primeiro ano que se viron andoriñas dos penedos Ptyonoprogne rupestris no Val Miñor tamén, e concretamente deixouse ver unha parella xusto na mesma ponte na que as vin onte (poida que sexa a mesma parella??) o ano pasado e moi probable que criaran xa que no mes de agosto ollei 4 aves xuntas o carón da ponte. Se son a mesma parella e seguro que non pasou o inverno na zona, alomenos perto do niño, o mais curioso do tema que que onte tamén vin andoriñas dos penedos no novo tramo da circumbalación de Vigo, no empalme coa autovia de Baiona e a uns 10 km da parella de Nigrán, parece evidente que estas andoriñas que son sedentarias, e dicir non migrán xunto as outras especies de andoriña para Africa no fin do verán senón que pasan con nos todo o ano, aparecen aquí na primavera( xa que no inverno non se ven), poida que despois de pasa-lo inverno en lugares mais ou menos afastados do Val onde poida que non atopen as condicións axeitadas nos meses frios ou de mais chuvia.
Non sei se no resto de Galicia notades o mesmo con estas andoriñas???, xa que aquí no sur de Pontevedra e unha especie moi escasa.
Poida que non teña nada que ver co tan falado quecemento global pero é cando menos curioso que nos últimos 3 anos apareceran como reproductoras tres novas especies de hirundínidos no Val Miñor; Hirundo daurica, Ptyonoprogne rupestris e Riparia riparia.

No hay comentarios.: