
Onte visiteí un dos locais mais fermosos de Galicia; a serra da Enciña da Lastra en Rubía, perto do Barco de Valdeorras (Ourense), o mais destacable foi un adulto de alimoche
Neophron pernopterus, ademais catro cobreiras
Circaetus gallicus e alomenos 6 ou 7 miñatos queimados
Milvus migrans. O día era primaveral a tope, con bastantes bolboretas xa, destacaban polo número
Gonepteryx rhamni e
Nymphalis polychloros pero a mais interesante foi unha
Gonepterys cleopatra restrinxida en Galiza a franxa mais suroriental do territorio. Entre os reptis eran xa abondosas as lagartixas rabilongas
Psammodromus algirus. Dende o mirador de Penarrubía, escoitábanse varios picafollas ibericos
Phylloscopus ibericus, medio cento de choias
Pyrrhocorax pyrrhocorax, varios corvos
Corvus corax, as primeiras anduriñas
Hirundo rustica e unha parella de lagarteiros
Falco tinnunculus. Da Enciña da Lastra marchamos cara un dos últimos territorios de aguia real, nun local perdido do sureste de Ourense, para tentar confirmar a sua presencia e as posibilidades de cría un ano mais. Despois dun par de horas de espera apareceron duas aves adultas no ceo, e un alivio cada vez que as vexo voar, ¡¡¡ainda se manteñen vivas¡¡¡¡

ainda que moi lonxana a silueta das nosas águias e inconfundible
1 comentario:
Parabéns polas citas Alcaraván!
Um saúdo,
Damián
Publicar un comentario