miércoles, marzo 21, 2007

Este domigo pola mañán na praia de Arealoura refuxiabanse un par de centos de gaivotas escuras Larus fuscus do temporal que azotaba a costa galega, xunto elas 16 gaivotas cabecinegras Larus melanocephalus (na foto un adulto completando a plumaxe de verán).
Xa pola tarde mentres paseaba coa familia pola chaira de Pinzas (Gondomar) os cucos Cuculus canorus cantaban con forzas renovadas o igual que as rás de San Antón Hyla arborea das que atopamos esta cativa (foto inferior) perto da turbeira.

Preciosa Rá de San Antón, que non conta con moi boa fama entre as xentes do Val Miñor, considerado un animal de mal agoiro.

No hay comentarios.: