Onte venres, nun pequeno paseo co colega Gandara, pudemos ver e tirar algunhas fotos a última hora, polo que a calidade e baixa. Na praia de Arealoura, medio cento de gaivotas cabecinegras Larus melanocephalus e un primeiro inverno de gaivota cana Larus canus como mais destacable. Na marisma da Ramallosa pudemos disfrutar deste pequeno picapeixe Alcedo athis (foto da esquerda) e dunha parella de patos frisados Anas strepera moi raros no val miñor e con moi poucas observacións anteriores.Hoxe o amigo Gandara descubriu unha gaivota polar Larus glaucoides adulta, unha observación moi interesante, mañan tentaremos mirala e quitarlle algunhas fotos.

Parella de Patos frisados, o macho e o da esquerda.

Dous corvos mariños grandes Phalacrocorax carbo secando as suas ás nunha rama da marisma a última hora antes de marchar para o seu dormidoiro

Gaivota cana de primeiro inverno, no regato Muiños, curiosamente a gaivota de delaware fai varios días que non se deixa ver por aquí