domingo, febrero 04, 2007

Gaivota polar en Silleiro

Hoxe despois de buscar entre Silleiro e Oia canta gaivota se movía, atopamos de novo a gaivota polar Larus glaucoides adulta atopada onte por Gandara e Manolo, hoxe estaba en Mougas e perdémola despois dunha intensa sesión fotográfica en dirección Oía, póñovos dúas fotos, un primeiro plano e unha comparativa con gaivota patiamarela Larus michahellis.

Na marisma da Ramallosa tamén unha gaivota cana Larus canus adulta, e a primeira vez que vexo unha cana adulta no Val Miñor.

Aquí podedes comparar as diferencias non só na plumaxe, evidentes, senón tamén na estructura