O Sabado 17 acercamonos polo Esteiro do Miño, O número de patos e moi baixo, ainda así ollamos un marcado con placa nasal T1T, un macho. O número de mergullóns Tachybaptus ruficollis subíu notablemente nos últimos días, ainda que é difícil contalos non habería menos de 15 exemplares, tamén ollamos un colimbo, probablemente un colimbo grande Gavia immer ademais catro serretas medianas Mergus serrator na parte de Caminha. Nun pequeno banco de area formado pola baixamar descansaba un falcón peregrino Falco peregrinus, era unha imaxe ben curiosa. Entre as gaivotas nada destacable.