martes, febrero 27, 2007

comeza a migración



Hoxe no esteiro do Miño, un bo bando de 20 anduriñas Hirundo rustica anunciaban a chegada cercana da primavera. Un precioso macho de cerceta albela Anas querquedula (foto) mixturado nun pequeno grupo de 18 cercetas Anas crecca, e probable que chegasen todos xuntos xa que este inverno non chegaron nunca a esta cifra. Continuaba o colimbo grande Gavia immer, a ducia de mergullóns de pescozo negro Podiceps nigricollis, unha aguia peixeira Padion haliaetus, 3 tartarañas das xunqueiras Circus aeroginosus, 36 pildoras cincentas Pluvialis squatarola e 22 biluricos claros Tringa nebularia como mais destacado.