viernes, noviembre 03, 2006

Cisnes mudos da ría de Pontevedra


Hoxe puiden ollar o que podería ser a confirmación de que os cisnes mudos Cygnus olor que irresponsablemente se soltaran na ría de Pontevedra fai uns anos están a criar. Só no final da ría, fronte a bonita fabrica de ENCE ollei 9 adultos, dos cais 1 parella cun xuvenil e outra parella con dous cativos. aqui tedes unha foto dunha das parellas, en concreto a que tiña un xuvenil con eles.
Non estaría de mais que a administración que consentiu esta desfeita se preocupara cando menos de que a cousa non se saia de nai.
En San Simón, Ría de Vigo había outros 5 adultos o que faría como mínimo un número de 17 exemplares e de seguro hai algúns mais, xa que fai so un ano contara 14 adultos xuntos na Ría de Pontevedra.