domingo, octubre 15, 2006

Que parado esta isto...... a marisma segue baixo mínimos, en case todo, 19 garzotas Egretta garzetta e o mais destacable, non voltei a ver o cullereiro Platalea leucorodia que xa sabemos de onde ven; nada menos que dende a Holanda, anelada de polo o seis de Xuño deste ano e recorrendo 1685 km. ate a marisma da Ramallosa, e a saber onde anda xa. O mércores no regato de Arealoura tamén unha gaivota cabecinegra Larus melanocephalus anelada, esta de algo mais preto, anelada como polo no niño o día 30 de xuño deste ano en Saintes-Maries-de-la-Mer, Francia.
O xoves un cruzabico Loxia curvirostra nun pequeno alto preto de Valença do Miño (Portugal) a escasos 2 km. de Galiza.
E onte, nun paseíño en barco pola costa de Baiona ate Silleiro, varios bandos de carráns comúns Sterna hirundo e 85 furabuchos Puffinus mauretanicus, o mais destacable foron unha pardela escura Puffinus griseus e un furabuchos atlántico Puffinus puffinus.
como non se anime un pouco isto.....