sábado, septiembre 16, 2006

Viaxe as Malvinas

hoxe e facendo unha excepción, xa que isto queda un pouco lonxe do Val Miñor e mesmo de Galiza, imos ver unhas fotiños cando menos excepcionais nestas latitudes.
Estes días chegou do mar o meu bo amigo Miguel Chamorro, patrón do Olagorta, arrastreiro que nesta marea estivo polas Malvinas a merluza, non me trouxo merluza pero si unhas preciosas fotos de aves que quero compartir con vos, espero que as disfrutedes....non estaría mal que aparecese calquera destes bichos un día nunha das nosas saídas ornitolóxicas por fora das Cíes para ver aves mariñas.......

albatros oreilludo Diomedea melanophris petrel xigante do norte Macronectes halli
trio de xigantes
Este Chionis alba pasou uns días de troula no barco
albatros oreilludo
O casi moustruoso albatros viaxeiro Diomedea exulans

que pode chegar os 3 metros e medio de envergadura

preciosos petreis do cabo Daption capense agardando

a sua ración de peixe