jueves, septiembre 14, 2006


Tranquilos, xa tomei a pastilla, estou mais tranquilo. A partires de agora e seguindo as novas recomendacións do mundo científico e mais as da Real Academia da Língua dende vai moitos anos, escribirei os nomes comúns en minúscula.
Estou rematando un novo apartado no blog; Onde ver aves no Val Miñor, con fotos dos mellores lugares, un pequeno itinerario e as especies mais común que se poden ver en cada lugar, nos vindeiros días coido ter rematado o chollo.

papamoscas cincento

azulenta que leva uns días rondando o xardín con falta da pumaxe arredor dos ollos

regato Muiños na saida a praia de Arealoura, Nigrán