

Aproveitando a chuva desta mañan,mais que chuva, poalla, pero capaz de fazer liscar os veraneantes fora das praias...din un pequeno paseo pola costa.
Primeiro fomos até a praia de Patos (Nigrán) que o ano pasado por estas datas tiña xá un número considerável de limícolas, como os anos cambian...este ano non tiña nin o primeiro.

Na praia de Arealoura algunha Pita de Agua Gallinula Chloropus e un grupiño de Gaivotas nas que destacaban 5 xuvenis de Gaivotas Cabecinegras Larus melanocephalus, xuvenís mudando a plumaxe de 1º inverno, ademais unha Garzota Egretta garzetta moi confiada. Para rematar o paseo última parada na marisma onde a cousa continua moi frouxa con algún Pilros Comúns Calidris alpina e 7 Biluricos Patirrubios Tringa totanus e xa sen Pilros Ferruxentos C. ferruginea ou Pilros Gordos C. canutus que tiñamos vai uns días

Esperemos que na saida o mar de mañán a ver aves mariñas a sorte cambie un pouco.