domingo, agosto 27, 2006

nova ornitosaida por fora das Cies




Por cuarta vez no que vai de verán, organizamos unha pequena saida en barco por fora das illas Cíes, co ánimo de disfrutar das aves mariñas tan perto como se soen ver dende o barco. Esta vez ademais do Patrón (Alberto Gil) fomos José Gándara, Pablo Gutiérrez (que se meteu a paliza dende Ferrol para estar en vigo as 8:00 am), Tito Salvadores e un tal César Vidal, ou sexa eu. Coma de costume saimos até as 10 millas o oeste das Cíes, unhas 20 millas o oeste do porto de Vigo. Nesta ocasión probamos unha nova formula de "Chumb" con manteca de cerdo e peixe en conserva, que parece que funcionou ben ainda que nos quedamos curtos na cantidade e botóuse en falta o final. Non foi un gran día en canto a número de aves, se ben pouco a pouco foron caindo as mais comúns, para comenzar, tras instalarse as primeiras Gaivotas Escuras Larus fuscus o redor do chumb apareceu a primeira Palleira Parásita Stercorarius parasiticus, un adulto, non pasou moito tempo cando outra Palleira voou por riba de nos como unha exalación, tiña toda a pinta dunha Palleira Rabilonga Stercorarius longicaudus adulta (sen rabo iso si) pero a observación tan fugaz non deu para confirmar, coidabamos que voltaría pra poder vela ben... pero coidamos mal.

Tardou case media hora en aparecer a primeira Gaivota de Sabine Larus sabini , despois foron aparecendo mais, até cinco exemplares, todos adultos con restos de plumaxe de verán. Non faltaron a cita os Paiños Comúns Hidrobates pelagicus que pasaban repetidas veces por riba do chumb a baixa altura sorteando as gaivotas pousadas con rápidos xiros. O Paiño de Wilson Oceanites oceanicus tamen se fixo de rogar, so pasada a primeira hora de observación deixouse ver, o principio bastante lonxe pero despois de un par de voltas arredor do barco fixo un par de pasadas mais perto, ainda que non como outras veces, foi suficiente para unha boa identificación e tirarlle un par de fotos testimoniais. A cousa parecía animarse e ao grupo de gaivotas, que xa contaba uns 30 exemplares comenzaron a xuntarse varias Palleiras Parasitas, até catro xuntas pousadas no mar, as que se uniron 3 Palleiras Pomarinas Stercorarius pomarinus adultas, unha das mariñas mais fermosas, por estas latitudes, fixeron varias pasadas a escasos metros do barco para disfrutalas como poucas veces, atacando un par de Carráns Comúns Sterna hirundo que tamén se uniran o festín.
Para que a festa fora completa uniuse o xefe das Palleiras, unha Palleira Grande Catharacta skua que pasou por riba do grupiño de gaivotas provocando unha expantada xeral, que aprobeitamos para coller dirección o porto de Bouzas que xa eran horas de almorzar. Ainda de camiño, algúns Mascatos Sula bassana, Pardelas Cincentas Calonectris diomedea, Pardelas Mediterraneas Puffinus mauretanicus e moitos Corvos Mariños Cretados Phalacrocorax aristotelis o paso entre as illas Cies onde teñen a maior colonia de cría da Península.
O Pterodroma vai ter que esperar unha vez mais................