Como todos os años cando as cererixas maduran ala que se van os xeitosinhos a papatoria a disfrutar un par de días do paraiso galego
as paisaxes de Rubía son incribles, ogalla non as escarallemos nunca
A primeira hora da mañan fomos a procura da escasisima Maculinea arión que ten en Rubía un dos últimos reductos da Galiza. Unha bolboreta cunha historia vital do mais curioso xa que as larvas son criadas todo o inverno polas formigas que coidan dela como se fose unha mais do formigueiro para fuxir o día que nace antes de que estas se den conta do engano e a ataquen
tamén ollamos a aguia real Aquila crysaetus
Nada menos que un bando de 18 voitres leonados Gyps fulvus e 1 voitre negro Aegypius monachus
1 comentario:
Impresionante blog e fermosas fotos. Eu vivo en San Cibrán e moitas veces dame pena non saber algo de paxaros para identificar os seus sons, sobre todo pola noite, ou identificalos cando os vexo planeando no ceo, é dicir, saber se é unha aguia, un falcón ou un voitre... en fin, cos teus amplos coñecementos aprendín un pouco. saúdos e grazas.
Publicar un comentario