martes, septiembre 21, 2010

malas novas

Pois iso, malisimas novas para a lontra Lutra lutra no Val Miñor, esta mañá esta coitada estaba o carón da estrada a altura hormigones Valle Miñor en Tomadas, Gondomar.
Era un bicho enorme, o maior dos que vira nunca. O número de lontras no Val Miñor e descoñecido pero con seguridade non pasa de duas ou tres parellas con sorte, a perda de calquera individuo e importantisima e faise imprescindible a colocación de pasos subterraneos para fauna, nalgúns lugares de Val como queda tristemente demostrado.....unha foto da coitada no arcén, case con total seguridade atropelada esta noite o cruzar a estrada.

o golpe foi todo na cabeza

Pola tarde un grupo de 31 garzas boeiras Bubulus ibis nas canteiras de Salvaterra do Miño, un número elevado para Galiza de esta especie escasa como invernante.

1 comentario:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Ola César!

Penso que a londra (Lutra lutra) está en aumento na faixa costeira galega, despois do mazazo do Prestige (degradación do hábitat, exemplares afectados polo fuel).

Ao menos no Grove reprodúcese regularmente desde entón, cunha alta produtividade (>2 vástagos/ano) e os avistamentos en toda a área protexida do Complexo Ons-O Grove son cada vez máis frecuentes.

Opino que os atropelos nesta especie, afortunadamente moi ocasionais, non deberían afectar na tendencia ascendente das poboacións.

Apertas,
Damián