domingo, abril 18, 2010

Duas especies novas para o Val

Fai tempo que non subo novas o blog, así que aquí van unhas cantas xuntas.
O primeiro as novas destes dias na serra da Grova, nada menos que sete merlos papobrancos Turdus torquatus, especie nova para o Val Miñor e penso que o segundo grupo mais grande avistado na Galiza, pero non era única especie nova para o Val, dous días despois o bo amigo Adolfo Lomeña que xa descubrira os merlos, viu un miñato queimado Milvus migrans tamen na zona da Grova, concretamente na serra do Argallo. Estes días a Grova deixaba ver un bo número de pedreiros cincentos Oenanthe oenanthe, non menos de oito ou nove aves, machos e femias. Tamén un par de anduriñas dauricas Hirundo daurica. As dauricas por certo están a criar "na casa da miña tia" en Nigrán, quen o iva decir hai so uns anos.

Macho de Turdus torquatus



Pedreiro cincento na praia Ladeira

Hai xa un mes, en Valença do Minho e mais no estiro do Miño (A Guarda) apareceron dous e un exemplares respectivamente de lagarteiro cincento Elanus caeruleus, unha especie moi rara na Galiza da que hai so dous anos que se confirmou a cria no noso pais e que está en clara expansión. Para cando un polo Val Miñor??
Lagarteiro cincento no alto dun carballo en Valença do Minho



Por último decir que Adolfo Lomeña (autor de toda-las fotos deste post) descubriu a escribenta pigmea Emberiza pigmea que tedes na foto de enrriba o pasado mes de febreiro no carrizal de Caminha (Portugal) ainda que non deixa de ser a marxe sur do esteiro do Miño. Parabens pola cita Adolfo

No hay comentarios.: