jueves, diciembre 24, 2009

A única novidade salientable na Marisma é este cullareiro, Platalea leucorodia que esperemos que pase unha parte do inverno entre nos


moito frio, moita chuvia e poucos paxaros, a verdade é que teño pouco tempo pra sair o campo pero cando dou saido, poucas alegrias levo, e o que hai..

poucas pillaras reais Charadrius hiaticula este ano, non contei mais de 34 , aprox. a metade que anos anteriores

na marisma unha ducia de carráns patinegros Sterna sanvicensis

44 pildoras cincentas Pluvialis squatarola o que supon un pequeno aumento de cifras respecto outros anos

Gaivota cabecinegra Larus melanocephalus adulta que xa é unha especie mais do Val, que anos aqueles en que mirar unha era un acontecemento...

impresionante gaivotón de 1º inv. Larus marinus na marisma

Dous mazaricos rubios Limosa lapponica moi escaso no inverno no Val


Outra das sorpresas destes días foi unha gaivota pequena Larus minutus no porto de Baiona

Este "bicho" estaba pousado na marisma por ver se era quen de meterlle o pico a algún coitado

2 comentarios:

Toupeiro dijo...

E cal e o nome deste bicho?

Anónimo dijo...

perdoa esquecin de polo, é un azor Accipiter gentilis