sábado, octubre 17, 2009

Picanzo real Lanius meridionales no alto da Grova
Neste eterno verán poucas novas podo contar, condo chegen os temporais xa non quedaran paxaros que traer arrastrados até aquí. Poida que sexa malo para os que nos adicamos a ollalos pero de seguro que eles tiveron unha das mellores migracións que recordan.


esta pasada semán vin un picanzo real Lanius meridionalis no alto da Grova, so conseguín velo no val en tres ocasións e sempre en invernada/paso ademais xa chegaron en bo número as lavercas Alauda arvensis e picas Anthus trivialis e A. spinoleta.


Liorteiro (foto de Adolfo Lomeña)

Na marisma unha garzota grande Casmerodius albus, que localizou esta semán o Amigo Adolfo Lomeña, onte ainda estaba, a ver se queda unha tempada por aquí. Ademais números baixos de limicolas e un liorteiro Philomachus pugnax na Ladeira.Garzota grande fotografiada por Adolfo na marisma da Ramallosa, penso que é o único documento grafico da especie no Val

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola César!

Case nasa mesmas datas de novembro vin o ano pasado L. meridionalis no Barbanza (montes de Boiro). Polo menos estvo dúas ou 3 semanas. ´Primeira cita miña do Barbanza. Creo que algúns do interior poderían "escapar" para o litoral, buscando lugares de invernada. Ollo con eles

Un saudiño

MACT