sábado, octubre 17, 2009

Fai un mes mais ou menos vin este coello negro no alto do Suido, tiña un tamaño normal para un cello de monte e ademais estaba con outros "normais", non parece un lugar no que poidan escapar dunha granxa, alguén sabe se é normal o melanismo nos coellos de monte??, ou se pode ser devido as soltas con coellos xa dexenerados xeneticamente??
Por outra banda poñovos aquí a constatación da cría un ano mais na ría de Vigo dos cisnes vulgares Cygnus olor, a foto xa ten un tempo, pero atopeina hoxe rebuscando outras ;-)
A ver cando os collen e os sacan da Ría antes de que sexan plaga

3 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Ola César!

Na illa de Texel, en Holanda, hai unha porcentaxe nada desprezable, do 3-5%, de coellos negros. Parece que sempre os houbo desa cor, e nesa zona non se realizan soltas cinexéticas como en Galiza...

Apertas,
Damián

Anónimo dijo...

grazas Damian
un saudinho

Anónimo dijo...

Na illa de Ons observáronse uns cantos no vran na zona do Burato do Inferno