lunes, agosto 24, 2009

saida en barco

Este sabado dia 22 saimos en barco a mirar aves mariñas. O certo é que o tempo era moi malo para a observacións de mariñas, cunha nortada de campeonato. Ainda así poidemos ollar un adulto de merdeiro rabilongo Stercorarius longicaudus y duas gaivotas de Sabine Larus sabini como mais destacable, aparte disto pouco mais...unha ducia de pardelas cincentas Calonectris diomedea, un furabuchos atlantico Puffinus puffinus, 6 furabuchos baleares Puffinus mauretanicus, 2 merdeiros parasitos Stercorarius parasiticus e un par de carráns Sterna sp.
Nesta ocasión fomos Alberto Gil (patrón maior), Jose Gandara, Quique Carballal e un servidor

2 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Noraboa polas observacións!

Estaban as aves lonxe da costa?

Apertas,
Damián

Anónimo dijo...

a maioria a menos de tres millas o W de Cies, o pagalo a 6 millas o W de cies tamén

unha aperta