domingo, enero 25, 2009

Hoxe continuou o temporal, con algo menos de forza pero que ainda metía medo na costa de Oia, nun recorrido entre Baiona e A Guarda o mais interesante foi un 1º inverno de gaivota pequena, Larus minutus en Arealoura ( hoxe mesmo Iñigo viu 4 na Ladeira) e varias ducias de gaivotas tridactilas Rissa tridactyla dentro da ría ( todas adultas ), na praia de Arealoura tamén un fulmar Fulmarus glacialis aveirado que descubriron Tito e Rafa Salvadores antesdonte.
Na prai da Concheira as tridactilas eran ducias e vin a única de 1º inverno de toda a xornada. En Mougas eran xa centos de tridactilas que se sumaron a outros varios centos na boca do Miño, en A Guarda, todas adultas.
En Oia "descubrín" un gaivoton hiperboreo Larus hyperboreus despois souben que xa o descubrira onte Xulio Valeiras, precioso bicho.
No esteiro do Miño o único salientable foi un ganso do Nilo Alopochen aegiptiacus, sen anelas pero sempre sospeitoso de fuxir de cativerio

fulmar boreal aveirado en Arealoura
gaivota tridactila adulta na costa de Baiona


Larus hyperboreus de segundo inverno no porto de Oia




ganso de Nilo presente no esteiro do Miño

2 comentarios:

Xabi Varela dijo...

Boas César!!
Moi chula a Hiper. Seméllase moitísimo á que vin o 4 de xaneiro na Coruña:
http://avesenelnoroestedeacoruna.blogspot.com/2009/01/4-enero-hiperbrea-en-corua.html
As fotos que lle sacara son malas (como a maioría das miñas) pero podense facer comparacións a grandes rasgos.
Outra cousa: ¿Podería tratarse dun 2W? O digo sen moita experiencia nesta clase de idade, é só para saber que opinas ti que controlas máis.
Un saudiño e a coidarse por aí polo Val Miñor
Xabi

Anónimo dijo...

All pizza places of USA http://pizza-us.com/tennessee/Dayton/Little%20Caesars%20Pizza/37321/

Find your best pizza.