Non son moitas as novidades no Val, sen dubida a mais destacable e que continua o 1º veran de Larus delawarensis no regato de arealoura, de continuar sería o segundo caso de "veraneo" dunha delaware en Galiza despois dun 1º inverno no Lagares (Vigo) no 2005 que estivo dende febreiro até novembro.
para animar un pouco o blog poño unhas fotos da saida ornitofesteira anual a Rubía na serra da Enciña da Lastra (Ourense) a finais de xuño.

Charaxes jasius, a meirande volvoreta de Galicia, sempre ligada os érvedos (foto Tito Salvadores)
Nesta foto apreciase o envés perfectamente, un dos mais fermosos. (foto Tito Salvadores)
Non é nada doado fotografar esta volvoreta que non para nin un segundo parada no ar, tratase dunha Macroglossum stellatarum, común en toda Galiza e moitas veces confundida cun "colibrí"
A volta pasamos por Verín onde atopamos de novo os críalos, cerca de Feces. (foto Tito Salvadores)
Esta fermosa cobreira Circaetus gallicus estivo a piques que morrer a causa dun disparo dende unha casa cercana cando saiu voando, puxemolo en coñecemento do seprona, espero que non se lle ocorrera voltar pola zona.
2 comentarios:
Onde aconteceu o da cobreira?
Lamentável.
Damián
A xente dos pobos ainda lle da por dispararlle as rapaces, nocturnas incluidas, esperemos que pouco a pouco vaia cambiando... hai que denunciar todo o que se poda
Publicar un comentario