miércoles, marzo 05, 2008


Seguen a chegar migrantes, hoxe na Limia (OU) primeiro falcón pequeno Falco subbuteo e primeiras anduriñas dauricas Hirundo daurica en Melón, Xinzo e Verín. No tamega, perto de Verín ollei este macho e unha femia de Peto pequeno Dendrocopos minor e mais un burato nunha arbore que penso non pode ser de outra especie xa que o carón doutro de Peto Verderal Picus viridis era claramente menos da metade, o macho das fotos reclamaba e tamborileaba sen parar, teremos que estar atento a especie no val do Tamega e confirmar a sua cría o que confirmaría a expansión o norte da sua distribución que ven facendo nos últimos anos ben documentada na provincia de Zamora por exemplo. Dende aquí agradecer a Alexandre Justo as indicacións para atopar o local onde el os ollara días atras. E unha especie nova para min na Galiza o que non sucede todos os días.....

Duas fotos do macho de Peto pequeno que se dixou ver e escoitar no val do Tamega

1 comentario:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Alegro-me César polas tuas observaçons e fotos dos Dendrocopos minor!

Saúdos para ti (e tb para Alexandre).

Damián