lunes, marzo 24, 2008

Onte escoitei o primeiro cuco Cuculus canorus do ano na chaira de Pinzas, Gondomar.

Na praia de Arealoura un par de gaivotas canas Larus canus, ademais da delaware que continua pola zona. na beiramar as pillaras papudas Charadrius alexandrinus en pleno celo, a ver se este ano se anima algunha parella, ainda quedan 13 ex. Macho de pillara papuda na praia de Arealoura, xa con plumaxe nupcial
Gaivota cana de primeiro inverno/veran


Estes días de semana santa demos unha voltiña polo Cebreiro disfrutando de bos alimentos e inmellorables paisaxes que nestes momentos están completamente brancas de neve.

O mais destacable foi unha aguia real Aquila crysaetos voando por riba da muralla romana de Lugo, un inmaturo de peregrinación supoño.....

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ese monte penso que é a Pena do SEO, no Bierzo.

Saúdos desde o Barbanza

Anónimo dijo...

Digo, do Seo, sorry