jueves, febrero 28, 2008

Supoño que ninguén pode dicir con autentico rigor que estamos ante o "famoso" cambio climatico, de feito o clima dende sempre esta a cambiar. O certo é que o pasado día 18 vin na Guarda a primeira anduriña común Hirundo rustica do ano, até aquí todo normal, algúns anos teño visto xa en xaneiro a primeira anduriña. O que xa non é nada normal e que este luns día 25 de fevreiro vira unha parella en Baiona, unha en Nigrán, varias no Rosal unha na Guarda, unha en Tomiño e unha en Tui, en todo-los casos en parella e en zona de cría, en concreto a parella de Baiona estaba xa entrando no lugar onde teñen o niño.
Comentar que segue no regato de Arealoura a gaivota de Delaware de primeiro inverno.

No hay comentarios.: