domingo, diciembre 09, 2007

un novo repaso pola marisma esta mañán, o número de gaivotas era increible, non menos de 1500 aves pousadas no limo, so duas cabecinegras aneladas e tres gaivotas canas Larus canus como mais destacable, xa na casa uns xilgaros no xardín, unha especie moi escasa no val e que só en inverno se deixa ver en moi baixo número.

Garza real Ardea cinerea repousando nunha boia fronte a praia Ladeira

Galiñola común Gallinula Chloropus no regato de Arealoura, onde comenza a ser doado ver tres ou catro xuntas

No hay comentarios.: