jueves, noviembre 08, 2007

Comento un pouco a xogada dos últimos días, continuamos ca sequía de aves, o mais destacable foi voltar a ollar o esmerillón Falco columbarius na Ladeira e a comunicación de Iñigo que ollou un papoazul Luscinia svecica vai 15 días na marisma, algo tarde para un ave en paso, quizais xunto cunha observación do inverno pasado falen dunha invernada escasa e poida que irregular da especie, haberá que estar atento. Na marisma da Ramallosa a primeira Conicora Vanellus vanellus e un par de patos asubiadores Anas penelope e o mais destacado.
En canto poida vou poñer unas fotos dun probable hibrido de Larus ribibundus x Larus melanocephalus que sen dúbida e algo moi interesante