
O venres chegamos o refuxio de Pla de la font (moi recomendable) no Parque Nacional de Aigüestortes, en Lleida.
aquí o obxetivo era a pita do monte Tetrao urogallus e a perdiz das neves Lagopus mutus. O día da perdiz das neves subimos 3 picos de mais de 2500 metros (que mal o pasei co meu vértigo) para rematar no Tesol a 2701 m. e "peinar" unha das ladeiras até atopar unha parella de perdices despois de "12" horas de excursión, foi sen dudar a "matada" maior da miña vida, iso si con final feliz. O sabado tamén lle chegou con outras 11 horas no interior do bosque tras a pita do monte, conseguimos ver 7 ou 8 aves diferentes machos e femias pero sempre mentres fuxían excepto un macho que ollei no chan a escasos metros uns segundos antes de que votara a voar entre os pinos cunha increible axilidade, para evitar mais molestias das imprescindibles ( e isto sempre e moi discutible) nunca persegimos as aves que fuxían para non facelas voar dúas veces no mesmo día xa que non é unha especie a que lle sobre enerxía e costalle moito recuperarse dos esforzos.
Non faltaron o quebraósos Gypaetus barbatus cicleando por riba nosa o atardecer a non moita distancia, nunca o vira con tanta claridade de detalles. Vimos tamén Azulenta alpina Prunella collaris, Peto negro Dryocopus martius, merlo papobranco Turdus torquatus, verderolo serrano Serinus citrinella, gabeador norteño Certhia familiaris, choia de bico amarelo Pyrrhocorax graculus e outras mais comúns ademais varios gamos, corzos e rebecos. Unha das saidas mellor aproveitadas que fixemos nos últimos anos, que fai que os tres só nos queden por ver catro especies de aves das que crían na Peninsula Iberica, iso sí catro diferentes a cada un, a partires de agora as saidas van ter que ser moi consensuadas jeje.







