martes, mayo 29, 2007

Trankilos ainda vivo¡¡¡¡

O primeiro e agradecer a toda a xente que se puxo en contacto comigo para saber que acontecía co blog, iso quere dicir que alguén o le :-). O motivo de tanto retraso na actualización do blog e múltiple, un viaxe os Pirineos (alucinante coma sempre, xa vos contarei) un pequeno cambio no traballo e mais unhas obras na casa. Unha mestura explosiva sen dubida, as últimas novas ornitolóxicas no Val foron a observación dun corvo Corvus corax na Chaira de Pinzas, e a xa habitual parella de Monteferro. Por outra banda na praia de Madorra o día 27 1 pilro pequeno Calidris minuta acompañado de 5 pilros comúns Calidris alpina e varias pillaras reais Charadrius hiaticula que son sen dubida as últimas "rebaixas" da migración prenupcial