martes, mayo 08, 2007

Falcón pequeno



Chegan tamén os falcóns pequenos Falco subbuteo, o día catro deixaronse ver tres exemplares voando e cazando por riba da casa mentres reclamaban con insistencia co seu peculiar "canto" de chillidos. E posible que se trate de parte da parella que ven criando nun eucalipto perto da casa dende hai uns anos. Xa estamos case todos....
Por outra banda xa se deixou ver o primeiro xuvenil de pisco Erithacus rubecula no xardín, voaba e se arranxaba moi ben el soiño, polo que xa ten que levar bastantes días fora do niño.