martes, abril 17, 2007

sorpresa no xardín



As aves teñen estas cousas, teñen un par de asas que lle parmiten aparecer en calquera lado, onde menos o esperas, zas...sorpresa. Pois iso, que esta tarde a última hora, nada menos que unha águia peixeira Pandion haliaetus sobrevoando o xardín da casa a escasos 40 metros de altura, segunda observación desta especie no Val Miñor, a anterior fora na marisma da Ramallosa, un local mais lóxico para ollar esta especie.