
No estuario continuan as duas aguias peixeiras Pandion haliaetus (poida que sexan 3) e destacan unha havelda Clangula hyemalis, unha gaivota de bonaparte Larus philadelphia adulta, duas serretas Mergus serrator, así como duas mobellas pequenas Gavia stellata e duas mobellas grandes Gavia immer. O número de patos e alarmantemente baixo se ben parece claro que as suaves temperaturas do norte da Europa están a influir para que non chegén aquí as cifras "normais" de patos de outros anos.

Outra toma da gaivota de Oia, o código da anela era 1L0

Píllara papuda na praia Arealoura, macho que comeza a coller a plumaxe nupcial

corvo mariño grande Phlacrocorax carbo repousando na marisma da Ramallosa