jueves, diciembre 28, 2006

paseo polo esteiro do Miño

Unha curta visita o esteiro do Miño, esta mañá, agasalloume con dúas aguias peixeiras Pandion haliaetus, un cullereiro Platalea leucorodia inmaturo, cinco mergullóns de pescozo negro Podiceps nigricollis e un colimbo Gavia sp. que non cheguei a ver ben, aínda que parecía un colimbo grande Gavia immer, ademais un par de lavancos Anas platyrhynchos con placas nasais como podedes ver na foto adxunta, probablemente do ornitólogo portugués David Rodrigues que leva anelado algúns miles de patos na Pateira de Sao Jacinto, en Aveiro. Tamén pode ser de Emilio Sabaris, este galego, que anela tamén patos no Grove.
No Val so destacar que continua a delaware de 1º inverno no mesmo lugar, regato de Muíños.
unha nova gaivota cabecinegra anelada, na praia Arealoura

Aguia peixeira comendo...un peixe claro, no esteiro do Miño

este atípico andarrrios sen mascas nas cobertoras nin nas terciarias e cunha cor excesivamente dourada no dorso, alimentábase na veira do río