domingo, octubre 22, 2006

A serra baixa a ver o mar

Hoxe tocou vivir unha xornada ben triste no Val Miñor, as inundacións de Sabaris (Baiona) deixaron algunhas imaxes desgraciadas. As fortes trombas de agua que caíron durante toda a noite, misturadas ca terra espida e as pedras soltas das ladeiras queimadas da serra da Groba convertéronse nunha pasta desbocada que arrasou as rúas, os coches e as casas chegando a cubrir dous metros de altura nalgunhas casas como a duns bos amigos que a estas horas non teñen nada. O certo e que non e doado facerse a idea de non ter nada de roupa seca por exemplo, móbeis, electrodomésticos, instalacións eléctricas etc. Unha autentica desgracia que a nivel sicoloxico ten que ser difícil de superar. Despertar no medio da noite con a agua a altura da cama, sen luz, todo a escuras.....non quero parte.Como estas cousas non teñen unha soa consecuencia senón que as desgrazas veñen a pares, non nos podemos esquecer que a serra da Groba perdeu esta noite un solo fértil que tardara centos de anos en formar e tardará moitos en recuperar. A marisma da Ramallosa cubriuse cunha capa afogante de lodo de varios centímetros en toda a súa extensión que deixou sen osixeno a milleiros de mariscos (ameixas, croques, navallas...) que morreran sen remedio afectando tanto a mariscadores como as aves da marisma, as miñocas Arenaria sp. seguiran o mesmo camiño, que será tamén o fin da maioría das plantas da marisma como a importante Zostera marina da que hoxe non se vía nin o primeiro pe xa. Moitos meses terán que pasar para que a marisma volte a ser o lugar de reunión de tantas especies de aves mariñas para alimentarse. Nos vindeiros días notarase a diminución do número de individuos e de especies que xa vos irei contando