miércoles, octubre 18, 2006


garzota grande

A rápida excursión desta mañá a lagoa de Xuño (P.N. de Corrubedo) para ver o falaropo bicofino Falaropus lobatus que onte descubría Samuel Paz deu resultado positivo. Especie nova, xa non me lembro da última... que vellos vamos. Alí estaba o bichiño, deixábase ollar a uns 15 metro sen molestarse nin el nin os 3 pilros pequenos Calidris minuta e percorrían o borde da lagoa xuntos e moi preto del. Xa de volta, o pasar pola ponte de Catoira vin unha garza branca, moi grande para ser unha garzota, parei xusto o acaba-la ponte e puiden comprobar que se trataba dunha garzota grande Egretta alba, e a terceira vez que ollo esta especie en Galiza. Este temporal de surleste pode que achegue algo o Val Miñor, por que como a cousa siga igual de parada terei que cambiar o nome o blog


falaropo bicofino