viernes, septiembre 01, 2006

Visita a Serra da Enciña da Lastra

Este mediodía estiven dando unha volta por Rubiá, o primeiro que destaca o chegar e ver o encoro tan baixo, como non chova pronto levámola clara.

Encoro de Rubiá


A calor era moita e case non se movía ningún bicho vivo, algunha Papuxa Carrasqueira Sylvia cantillans e unha Aguia Cobreira Circaetus gallicus que voaba por riba miña en varias ocasións, pero xa cando marchaba descubrín un grupiño de 10 Voitres Gyps fulvus. Os Voitres estaban moi lonxe, pero alegraban o día, xa que a pesares de ser un ano excepcional de observacións en Galicia na Enciña da Lastra non os vira este ano nas ocasións en que a visitara.

Voitres

Lysandra bellargus


O mellor foi que o mirar polo telescopio..SORPRESA, un deles era un Voitre Negro Aegypius monachus coa plumaxe moi estragada pero un Voitre Negro o fin.

Voitre (esquerda) e Voitre Negro (dereita)