
Hoxe, na praia Ladeira, Baiona, mentres disfrutaba coa familia, os primeiros Carrans Patinegros Sterna sanvicensis pescaban na beiramar para alimentar os xuvenis que agardaban nas boias non lexos dos pais. Un Ostreiro Haematopus ostralegus sobrevoaba a praia tentando un lugar onde pousar, non era o mellor día coa praia ateigada de xente, ademais dous adultos de Gaivota Cabecinegra Larus melanocephalus procuraban a merenda tras algún cativo
No hay comentarios.:
Publicar un comentario