Nunha visita de poucos minutos no Esteiro do Miño, puiden ollar dende o observatorio de "Forno do Duque" un pequeno bando de Gaivotas Choronas
Larus ridibundus e mixturado con elas dous adultos de Gaivotóns
Larus marinus, como podedes ver a diferencia entre estas duas especies de gaivotas non e pequena, ademais disto pouco mais; unha Tartaraña das Xunqueiras
Circus aeroginosus sobrevoando a illa Canosa a procura dalgun ratiño e pequenos grupos de Mazaricos.

Gaivotón e Gaivota Chorona en primeiro termino
Xa na Marisma da Ramallosa e coa marea ben alta xuntaronse na pequena illa que queda no medio, sen inundarse, xa 9 Garzotas
Egretta garzeta (noutrora tan escasas nesta época) e 7 Garzas Reais
Ardea cinerea. Por riba de nos hoxe catro avións contraincendios que durante todo o día tentaron afogar as chamas que hoxe queimaron case por completo a nosa serra da Groba
No hay comentarios.:
Publicar un comentario