sábado, mayo 09, 2020

Acaba o confinamento

Engadimos varias especies novas para chegar ás 50,  entre a que destaca uns abellarucos Merops apiaster, escoitados mentres pasaban voando. Pero vistos xa como puntiños. Déixovos algunhas fotos das aves vistas estes días.
 A pequena carriza Troglodites troglodites anda estes días a cantar cun volumen nada acorde o seu pequeno tamaño.
Os pardales Passer domésticus xa están a criar pola zona, e unha tristura ver como está desaparecendo esta especie tan común fai só uns anos e agora mesmo desaparecido dalgunhas cidades europeas.
Recén chegada a Folosa amarela Hipolais poliglota xa ten collida a zona donde quitar os novos pitiños
Parus major, o noso ferreiro de maior tamaño, fai honra o seu nome e martilla na fragua todo o tempo co seu "tin" tin" tin"
Macho de Folosa das amoras Sylvia atricapilla.
O Ferreiriño azul Parus caeruleus xa vai pola segunda posta despois de sacar só dous poliños adiante desta vez.
A Folosa dos xuncos Cisticola juncidis alegra as xornadas co seu voo saltarín o compás do chip chip chip
Peto Verdeal Picus viridis na porta da casa.

Chegaron tamén da África as coloridas poupas  Upupa epops.

Por último unha foto do meu arquivo fotográfico de 2005 na primavera en Viana do Bolo, Ourense dun abellaruco. Expectacular paxaro.

1 comentario:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Que boa lista esas 50 especies, bo traballo! E o dos abellarucos un broche multicolor extraordinario! Parabéns e unha aperta, Damián